Crónica de Galicia – 09/06/22



Seguen aas análises no viaducto do Castro, da A6, logo da derruba dun vano. E non hai data pra recupera-la circulación na autovía. O que prima, din dende a delegación do goberno, é a seguridade, saber qué sucedeu e asegurarse de que non haberá máis fallos.

Os expertos sinalan que o máis importante é que os danos estructurais foron detectados a tempo, e xa se estaban a arranxar. A ponte tiña pouco máis de 20 anos, pero fíxose cunha normativa distinta á actual, que esixe que este tipo de fallos non se produzan en cen anos

– A sociedade galega de Medicina Interna sinala que a Consellería non ofreceu propostas útiles para acabar cos problemas nesta área.

Esixe un reforzo de persoal e mellora das condicións laborais dos internistas novos pra evitar que marchen da comunidade.

– A metade dos establecementos que se anuncian para eventos coma vodas ou bautizos non estn debidamente rexistrados.

A asociacion de emprendendores sinala que non pasan as inspeccións sanitarias obrigatorias e carecen de seguro.

– Unidas Podemos pide ó Goberno que interveña e evite que se reanude a actividade mineira na Penouta, en Viana do Bolo.

Esta formación política está en contra dunha actividade que terá -di- un gran impacto ambiental na zona.

– O BNG reclámalle á Xunta a creación dun Observatorio do Baile e a Música Tradicional de Galicia.

O oxectivo e que a cultura tradicional galega sexa un Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio

Ver noticia en: www.rtve.es