tres días de concertos con 40 artistas e 120.000 asistentes






O Son do Camiño celébrase do 16 ao 18 de xuño, de novo co gran formato, tras dous anos de ausencia pola pandemia.

Montaxe

A unha semana de que arranque, no Monte do Gozo traballan sen descanso varios centos de operarios. Levan case mes e medio montando toda a infraestrutura.

Están montando o escenario principal, que é un dos máis grandes que se monta na Península

Un 85% da infraestructura está montada e están empezando xa a montar a decoración«, sinala Ángel Piñeiro, produtor artístico do festival. «As barras xa teñen unha gran parte avanzada e están montando tamén o escenario principal, que é un dos escenarios máis grandes que se monta na Península”. Ese escenario mide 36 metros de frontal e 18 metros de altura.

É o equivalente a un edificio de oito andares, sobre o que pasarán cada día sete artistas. Esta edición suma un terceiro escenario e máis espazo para o público e os postos de comida.

12 horas diarias de música

Serán doce horas diarias de música con case cincuenta artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel, como C. Tangana, Liam Gallagher, Chemical Brothers, Sebastian Yatra ou Anuel.

Unha oferta que non é común aquí, e iso é o que ao final intentamos facer: achegar xiras mundiais

É  unha oferta é moi variada, para todos os públicos, toda esa xente que pode ter 2, 3, 4 ou 5 artistas que lle gusten, sempre pode atopar algún que outro que en directo lle poida sorprender. Unha oferta que non é común aquí, e iso é o que ao final intentamos facer: achegar xiras mundiais ou xiras que son complicadas de ver”, sinala Angel Ángel Piñeiro, o produtor artístico do festival.

120.000 persoas

Un recinto ampliado que acollerá a máis de 120.000 persoas durante tres días de concertos, unhas 42.000 por día, e que van encher tamén os hoteis de Santiago e mesmo doutras cidades e vilas próximas. Case non quedan habitacións desde hai semanas.

É posible que haxa (habitacións libres), pero cuns prezos desorbitados

“É posible que haxa, pero cuns prezos un pouco desorbitados. Ao mellor algunha en algunha categoría de 5 estrelas, pero o resto está todo completo”, indica Carlos Regueiro, da Asociación Hostelería Compostela.

As entradas para O Son do Camiño están esgotadas

Ver noticia en: www.rtve.es